11/10/2017

Samaín- Magosto 2017

O pasado martes 31 de outubro o noso cole foi de festa, celebramos o Magosto - Samaín. 
O Samaín festexámolo pola mañá con "Contacontos de terror" na biblioteca, desfile da Chiquitropa e entrega de diplomas ás cabazas máis musicais. 
O cole estaba cheo de cousas arrepiantes: cabazas, morcegos, bruxas, vampiros...
Pasámolo de medo!!


Samaín 2017 from Curuxa Catuxa on Vimeo.

A Chiquitropa Mozartín anunciou que era un día especial, cantando e tocando polos corredores do colexio. 
Pirin-pimpín,
xa estamos aquí
pirin- pimpín
no Magosto- Samaín
pirin-pimpín
a Chiquitropa Mozartín.
Interpretaron para todos nós unha canción titulada "Os esqueletos". Acompañaron con flautas: Marta, Diego, Bruno, Carla e Lucía. 












Desfrutamos do Magosto pola tarde. Pasámolo xenial nos obradoiros e nos xogos. 
Rematamos este marabilloso día comendo castañas e bebendo leite. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario