5/19/2017

Festa das Letras

O 19 de maio celebramos a festa das Letras.

                      A Chiquitropa Mozartín                                      
Iniciamos este "Tíralle da lingua" contándovos por que se celebra esta data ta importante para nós...
Hai moitos anos, o 17 de maio de 1863, publicouse en Vigo unha obra poética de Rosalía de Castro titulada "Cantares galegos".
"Cantares galegos" está considera como a obra que inicia a recuperación literaria, cultural, política e histórica da nosa terra.
Tres membros da Real Academia Galega: Manuel Gómez, Xesús Ferro e Francisco Fernández ...

pensaron que este acontecemento era moi importante e que había que recordalo para sempre...

...polo que propuxeron celebrar cada 17 de maio para rememorar o acontecido 
e aproveitar para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en lingua galega ou pola defensa da nosa lingua.
Para homenaxear a estas persoas é necesario que pasen 10 anos desde o seu falecemento.
A 1º persoa homenaxeada foi a mesma Rosalía, no ano 1963
Seguido doutros autores como Alfonso Castelao, 
Eduardo Pondal, Francisco Añón...
E así moitos máis... ata chegar ó autor deste ano que, como ben sabedes, é Carlos Casares.
       E de Carlos Casares vainos falar o alumnado de 5º
Carmen vainos contar algunhas cousiñas dun amigo de Carlos Casares que pouca xente sabe...
O alumnado de 6º vainos deleitar cun teatrillo dunha obra narrativa de literatura infantil de Carlos Casares ," A galiña azul", gañadora do 1º premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho, no ano 1968.
E para rematar esta festa, a orquestra do colexio interpreta unha canción de Luar na lubre, titulada "O son do ar".

Ningún comentario:

Publicar un comentario