3/26/2017

Poesía e música

"Solo hay tres voces dignas de romper el silencio: la de la poesía, la de la música y la del amor". 
A relación entre a poesía e a música é das máis antigas e beneficiosas colaboracións que se producen entre distintas  manifestacions artísticas.
Así como hai música que produce a sensación dunha linguaxe, tamén a poética pode producir musicalidade. A poesía é música e os músicos e poetas beben nunha mesma fonte.
Ao noso mestre Paco, gústalle moito unha canción que se titula "Teu nome por mar e por terra" ( música de Gaudi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Luis Romero. Letra de Carlos Rivero Troncoso).
A canción fala de nomes, noite, muros, lúa, sereas, mar, fíos de escuma... É todo un poema.

Quero cravar o teu nome
cunha navalla de lúa
nos outos muros da noite.

Nun pano cor de limón
pon o teu nome e no mar
ízao no mastro maior.

Vou escribilo na area
có tinteiro de alborada
pra que o vexan as sereas.

Se o teu nome naufragase
ían saber a vainilla
as augas dos sete mares.

Con branco fío de escuma
vouno bordar na bandeira
dunha nao que sae pra Cuba.

Pra cuba non meu amor
quero que vaia o meu nome
prá illa de Curaçao.

Coa letra desta canción, o alumnado de 5º de E.P. e o seu titor, o mestre Paco, fixeron un vídeo moi fermoso para o Día da Poesía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario