2/25/2024

Preparación do Aniversario de Rosalía

Os eventos importantes teñen dúas partes principais: a preparación e a celebración. Pensamos que a primeira é a máis emocionante, porque marca o camiño para chegar á segunda! Por iso, imos dedicarlle un capítulo exclusivo. Celebramos o 187º aniversario de Rosalía de Castro!

 

2/03/2024

Novidades en febreiro

 Presentamos os exemplares que acaban de entrar na biblioteca. Algúns son novidades (Toupiciencia, Calpurnia, Moby Dick, Grazas, Berlai, ...). Outros son reposicións de exemplares que xa estaban deteriorados, por exemplo, a colección de Harry Potter, ou "El libro inquieto". Non deixes de consultalos e pedilos prestados para que te acompañen na túa casa. Bótalles unha ollada!



Recomendacións na sala de mestres

Queda instalada na sala de mestres esta "mesa de propostas" para aproveitar nas aulas. Lecturas informativas e lecturas de ficción arredor do tema das aves e da escrita de cartas e postais. Basta con anotar a datas de préstamo e devolución ás aulas.

1/18/2024

Vaille co conto

O venres, día 19 de xaneiro, voltamos a contar contos. Hoxe poderás irlle co conto a...

1/08/2024

Novidades en xaneiro

Chegan exemplares novos este mes. Algúns deles, como "Bandada de palomas", están pensados para tratar o tema deste mes: a Paz. Outros imos usalos na biblioteca creativa, como "Bordado". Tamén atoparás títulos específicos para adultos, como "O meu nome é Suleiman". Non deixes de consultar no catálogo da bilioteca ou buscar nos andeis. 

12/22/2023

Troco de Nadal: "Tres libros por unha postal"

Chegan as festas de Nadal! Na biblioteca fixemos limpeza e buscamos persoas que queiran adoptar libros. Quen estea disposto a colaborar, non ten máis que traer unha postal de Nadal. Agasallarémolo con tres libros, e o gozo de darlle un novo fogar ás historias que conteñen. Queres participar? Así foi o noso troco. Foi imposible fotografar a todas as persoas que responderon ao chamado. Pero para mostra, aquí tedes algunha testemuña. Feliz Nadal!


12/01/2023

Novembro na Biblioteca

 Durante este mes de novembro fomos incorporando a biblioteca á nosa vida cotiá, visitándoa no tempo de lecer da mañá e do mediodía. Aprendemos a usala de forma máis eficiente, e incorporamos novas actividades. Queres paseala con nós? Pasámolo de medo!